ALMANAQUE SOLIDARIO

ALMANAQUE SOLIDARIO

ALMANAQUES SOLIDARIOS

Xa temos a venda os ALMANAQUES SOLIDARIOS para a Protectora de Animais do Morrazo.

Fai uns meses, a Asociación Cultural Ei Carballeira! convocou a fotógrafos, interesados en colaborar e axudar os animais, a fotografar os cans da Protectora de Animais do Morrazo.

Grazas a axuda de estes fotografos voluntarios, dos locais e comercios colaboradores, e duns cantos amigos con gañas de axudar, xa temos os ALMANAQUES SOLIDARIOS.

De momento, os almanaques están a venda nos seguintes puntos:

- Bar Labranza (Meiro)

- Librería Miranda (Bueu)

- Area de Servicio La Pamán (Bueu)

- Publicidade e Artes Gráficas Dibay (Marín)

- Clínica Tucan (Marín)

- Clínica La Fauna (Moaña)

COLABORA!! 4 €

*Sempre podedes colaborar tamén:

ADOPTANDO un can en calquera protectora de animais ou perrera muncipal, APADRINANDO, DIVULGANDO A TENENCIA RESPONSABLE, NON MERCANDO ANIMAIS, e sobre todo, NON O ABANDONO!!



Presentación Asociación Cultural Ei Carballeira!

jueves, 1 de septiembre de 2011

Fotografía Solidaria


Góstache a fotografía? Gustaríache colaborar nun almanaque solidario?

A Protectora de Animais do Morrazo precisa de axuda, e ti por medio da Asociación Cultural Ei Carballeira! podes colaborar con ela. 

A nosa idea consiste na creación dun almanaque co obxetivo de recaudar fondos para a protectora. Este almanaque crearase a partir de fotos tomadas no recinto. 

Os interesados teredes que acudir á protectora coa vosa cámara entre o 19 e o 30 de setembro. O horario no que a protectora está aberta é das 09:30 ás 13:30 horas de luns a sábado. Das fotos que saquedes enviade dúas ó noso correo electrónico:


Primeiro teredes que enviarnos un correo electrónico incluíndo os vosos datos (nome e apelidos, correo electrónico e teléfono de contacto) para poder levar conta da xente que colaborará e pasará pola protectora. 

Plazo de inscripción e envio de datos: Do 1 o 18 de setembro. 

Plazo para tomar as fotografías: Do 19 o 30 de setembro. 

Plazo de entrega: Do 1 o 15 de setembro. 

Se queredes máis información non dubidedes en contactar connosco. 
Animádevos a colaborar! 
Ei Carballeira!